DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Gwoemul

Ano: 2006

Nacionalidade: Corea do Sur

Xénero: Terror

Duración: 119 minutos

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Joon-ho Bong

Produción: Chungeorahm Film

Guión: Chul-hyun Baek, Joon-ho Bong

Fotografía: Hyung-ku Kim

Música: Byung-woo Lee

Reparto: Kang-ho Song, Hie-bong Byeon, Hae-il Park, Du-na Bae, Ah-sung Ko

SINOPSE:

En Seul, a capital surcoreana, aparece unha criatura estraña e monstruosa que comeza a atacar e devorar os seus habitantes. O dono dun quiosco contempla con horror como o monstro escapa cunha filla súa e asiste impotente ás tentativas do exército por acabar coa criatura. Armado de valor e coa axuda da súa familia, o home intentará recuperar a súa filla das gadoupas daquel ser abominable.