DATOS DO FILME:
Título orixinal: A biblioteca da iguana
Ano: 2005
Nacionalidade: Galega
Xénero: Suspense
Duración: 80 minutos
Idade recomendada: :12 anos
Dirección: Antón Dobao
Produción: Ficción Producciones, S.L. / Televisión de Galicia
Guión: Antón Dobao / Miguelanxo Prado
Reparto: Xúlio Abonjo / Alfonso Agra / Evaristo Calvo / Evaristo Calvo / Mónica Camaño / Monti Castiñeiras / Carlos Fernández (2) / Mónica García / Luisa Martínez / Víctor Mosqueira / Nuria Prims / Carolina Vázquez
SINOPSE:
Andrés é un profesor universitario, especializado en literatura. Un día descubre unha grave anomalía na novela que adquiriu para se entreter nun longo voo: na páxina 43, o que comezou coma unha novela seria e harmoniosa convértese nunha disparatada aventura de detectives. Sen embargo, mantén os nomes dos personaxes e os seus contextos. É como se o libro se tivese desdobrado dunha forma moi estraña. Non pode ser unha errata. Tras moitas cavilacións colixe que se hacha ante un experimento do autor, unha acción literaria vangardista desas nas que en ocasións é difícil coñecer o sentido, e a arquiva pensando que podería ser interesante comentalo cos seus colegas da universidade. A novela titúlase “A biblioteca da Iguana”. Ao chegar a casa, o noso protagonista, que é viúvo, descobre que os libros de texto do seu fillo conteñen informacións disparatadas que están a desconcertar ao neno. Ao adquirir outro exemplar da mesma edición descobre que tamén contén defectos, pero diferentes.
Baixar o filme
Obertura en galego