DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Proof of Life

Ano: 2000

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Acción

Duración: 135 minutos

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: Taylor Hackford

Produción: Castle Rock Entertainment / Bel-Air Entertainment presenta una producción Anvil Films

Guión: Tony Gilroy

Música: Danny Elfman

Reparto: Russell Crowe, Meg Ryan, David Morse, Pamela Reed, David Caruso, Anthony Heald, Stanley Anderson, Gottfried John, Flora Martínez...

SINOPSE:

Mentres constrúe unha presa en Tecala, un país situado nos Andes, o enxeñeiro xefe norteamericano Peter Bowman é capturado por forzas antigobernamentais durante unha incursión na capital. Cando os rebeldes descobren a súa identidade esixen 3 millóns de dólares para devolvelo san e salvo. Non obstante, a empresa de Peter, con base en Houston, está ao bordo da bancarrota e cancelou a póliza de seguros contra secuestros, así que non poden proporcionar o diñeiro para o seu rescate. Abandonada pola compañía, a esposa de Peter, Alice, debe facer fronte á situación pola súa conta. Contrata os servizos do negociador de reféns profesional Terry Thorne, un veterano do SAS nacido en Australia, que durante os últimos 9 anos se ocupou de numerosos secuestros importantes, utilizando todos os medios á súa disposición.