DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The Hot Spot

Ano: 1990

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Cine negro. Thriller | Crime

Duración: 129  minutos

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: Dennis Hopper

Guión: Nona Tyson, Charles Williams (Novela: Charles Williams)

Fotografía: Ueli Steiger

Música: Jack Nitzsche

Reparto: Don Johnson, Virginia Madsen, Jennifer Connelly, Charles Martin Smith, William Sadler, Jerry Hardin, Barry Corbin, Leon Rippy, Jack Nance, Virgil Frye, Margaret Bowman, Debra Cole, Cody Haynes, James N. Harrell

SINOPSE:

Harry Madox, un home enigmático e atractivo, chega a un apartado pobo de Texas. Axiña consegue emprego como vendedor de coches. Dolly, a apaixonada muller do seu xefe, urde un meticuloso plan para seducilo e conségueo. Con todo, Harry está namorado de Gloria Harper, a encargada do departamento de préstamos do banco local. Cando é acusado de atracalo, Dolly apoia a coartada de Harry, co fin de retelo ao seu carón, aínda que sexa á conta da vida do seu marido.