DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Every Which Way But Loose

Ano: 1978

Nacionalidade: E.U.A.

Xénero: Comedia

Duración: 114 Minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dirección: James Fargo

Produción: Warner Bros. Pictures presenta una producción The Malpaso Company

Guión: Jeremy Joe Kronsberg

Fotografía: Rexford Metz

Música: Steve Dorff

Reparto: Clint Eastwood, Sondra Locke, Ruth Gordon, Geoffrey Lewis, Beverly D'Angelo, Walter Barnes

SINOPSE:

Phil é un camioneiro que lle entusiasman a cervexa fría, a música country e facerse respectar mediante os seus puños. Phil, que se fai acompañar por un orangután que gañou nunha aposta, está namorado dunha cantante chamada Lynn, mais ela non che vos quere ningún compromiso serio.