DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Carne de Neón.

Ano: 2010.

Nacionalidade: España, Arxentina, Suecia.

Xénero: Drama.

Duración: 102 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: Paco Cabezas.

Produción: Juan Gordon.

Guión: Paco Cabezas.

Fotografía: Daniel Aranyó.

Música: Óscar Araujo e Julio de la Rosa.

Reparto: Mario Casas, Vicente Romero, Macarena Gómez, Darío Grandinetti, Dámaso Conde, Ángela Molina, Blanca Suárez, Luciano Cáceres, Antonio de la Torre, Angela P. Martinez, Vanessa OliveiraJuan Carlos Vellido.

SINOPSE:

Ricky sobreviviu na rúa a base de estraperlos dende que foi abandonado aos 12 anos. A súa vida desenvolveuse xunto a prostitutas, chulos e drogadictos, cos que mantén estreitas relacións. Agora, con 23 anos e ante a inminente saída do cárcere da súa nai, Pura, Ricky decide poñer en marcha un club de alterne, o Hiroshima Club, un prostíbulo onde ela poida traballar, ser a rexente e deixar o seu pasado como prostituta. Ricky enfróntase ao pasado dunha nai que lle deixou tirado anos atrás, e os profundos sentimentos dun fillo que loita por recuperar o agarimo e o amor dela. Pero a feliz idea resulta non ser tan sinxela de poñer en práctica e, para iso, Ricky contará coa axuda duns amigos dos máis estrafalarios.