DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Lethal Weapon 4

Ano: 1998

Nacionalidade: EUA

Xénero: Acción, comedia

Duración: 123 minutos

Idade recomendada: Maiores de 13 anos

Dirección: Richard Donner

Productor: Richard Donner, Joel Silver

Guión: Shane Black, Jonathan Lemkin

Fotografía: Andrzej Bartkowiak

Música: Eric Clapton, Michael Kamen, David Sanborn

Reparto: Mel Gibson, Danny Glover, Joe Pesci, Rene Russo, Chris Rock,...

SINOPSE:

Os policías Martin Riggs e Roger Murtaugh volven á carga para se enfrontar cun novo capo da mafia asiática que estendeu as súas actividades criminais aos Ánxeles. Na investigación axudaraos un mozo policía responsable dos problemas familiares de Murtaugh, xa que deixou embarazada a súa filla. Na casa de Riggs as cousas tamén se complican xa que a súa compañeira, embarazada, ameaza con obrigalo a pasar polo altar.