DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Space Jam

Ano: 1996

Nacionalidade: EUA

Xénero: Comedia, deporte

Duración: 87 minutos

Idade recomendada: Todos os públicos

Dirección: Joe Pytka

Produción: Daniel Goldberg, Ivan Reitman, Joe Medjuck e Ron Tippe

Guión: Herschel Weingrod, Leo Benvenuti, Steve Rudnick e Timothy Harris

Fotografía: Michael Chapman

Música: James Newton Howard

Reparto: Brandon Hammond, Eric Gordon, Manner Washington, Michael Jordan, Penny Bae Bridges, Theresa Randle, Wayne Knight...

SINOPSE:

Michael Jordan, Bugs Bunny e todo un gran desfile dos personaxes dos Looney Tunes protagonizan Space Jam, unha espectacular combinación de debuxos animados e personaxes reais, dos talentos creadores de Hollywood, que conseguen que a imaxinación non teña límites. A diversión e a risa están aseguradas para toda a familia cando Bugs Bunny e o seu equipo desafían aos Nerdiucks (un grupo de pequenos extraterrestres) a un partido de baloncesto para decidir se os Looney Tunes permanecen na Terra... ou se converten na maior atracción dun parque de atraccións de Montaña Parvolandia, nunha afastada galaxia. Os Nerdiucks teñen unha arma secreta monstruosa ao seu favor: apoderáronse das mellores calidades das estrelas da NBA converténdose en supermonstros. Pero iso non é todo, amigos, o equipo dos Looney tamén posúe unha arma secreta e resulta ser o mellor xogador deste ou de calquera outro universo, Michael Jordan... 

 

Baixar o filme


Trailer en portugués