DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Siegfried

Ano: 2005

Nacionalidade: Alemaña

Xénero: Comedia

Duración: 85 minutos

Idade recomendada: Todos os públicos

Dirección: Sven Unterwaldt Jr.

Produción: Christine Rothe, Herman Weigel

Guión: Tom Gerhardt, Herman Weigel

Música: Karim Sebastian Elias

Reparto: Tom Gerhardt, Dorkas Kiefer, Volker Büdts, Axel Neumann, Jan Sosniok, Daniela Wutte, Michael Brandner, Mirco Nontschew, Markus Maria Profitlich, Diana Frank, Janine Kunze, Mirja Boes, M. Belle, ...

SINOPSE:

Sigfrido, un neno con poderes extraordinarios e incontrolabeis, foi abandonado nunha cesta no río Rin. O ferreiro Mime sálvao das augas e adóptao. Axiña Siggi, así o coñecen na aldea, da probas da súa grande forza e convértese no pesadelo dos seus veciños Os seus amigos acabaron rexeitandoo, así que o seu único compañeiro é un porco. E aínda que se trata dun tipo realmente agarimoso e bo, os seus conveciños están desexando que deixe o lugar. A oportunidade chega cando se atopa cunha bela moza no bosque.

 

Baixa-lo filme


Tráiler en alemán