DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Presumed innocent.

Ano: 1990.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Thriller / Drama.

Duración: 118 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Alan J. Pakula.

Produción: Sydney Pollack.

Guión: Frank Pierson, Scott Turow (novela).

Música: John Williams.

Reparto: Harrison Ford, Greta Scacchi, Brian Dennehy, Raul Julia, Bonnie Bedelia, Paul Winfield, Joseph Mazzello, Jesse Bradford.

SINOPSE:

Rusty Sabich é un avogado cheo de preocupacións que ve como toda a súa vida se converte nun auténtico inferno cando a súa amante aparece morta. El é o principal sospeitoso do asasinato e a partir dese intre terá que se enfrontar aos seus compañeiros e ao sistema xudicial que ata entón tanto defendía. Segundo a investigación avanza, a vida de Sabich queda ao descuberto. O seu xefe, o fiscal Raymond Horgan, cre que el é culpable. Bárbara, a súa dona, séntese moralmente afundida. Mesmo o seu avogado defensor, Alexandre Sandy Stern, amosa serias dúbidas respecto do seu cliente.