DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The Eichmann Show

Ano: 2015

Nacionalidade: Reino Unido

Xénero: Drama

Duración: 94 minutos

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Paul Andrew Williams

Produción: Laurence Bowen e Ken Marshall

Guión: Simon Block

Fotografía: Carlos Catalan

Música: Laura Rossi

Reparto: Martin Freeman, Anthony LaPaglia, Rebecca Front, Andy Nyman, Nicholas Woodeson, Ben Addis, Caroline Bartlett, Ed Birch, Dylan Edwards, Nathaniel Gleed, Ben Lloyd-Hughes, Vaidotas Martinaitis, Zora Bishop, Nell Mooney, Solomon Mousley.

SINOPSE:

Relato do xuízo televisado ao ex-oficial nazi Adolf Eichmann que tivo lugar en Xerusalén no ano 1961. Eichmann foi aforcado no 1962 despois de ser declarado culpable de crimes contra a humanidade. Descrito coma "o xuízo do século", este evento mostrouse nas canles de televisión de 37 países, sendo a primeira vez que o horror dos campos de concentración se relatou en directo polas súas vítimas. Este filme é un dos proxectos encargados pola BBC para conmemorar o 70 aniversarios da liberación do campo de concentración nazi de Auschwitz.

 

Baixar o filme


Tráiler en italiano