DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Casper's Haunted Christmas
Ano: 2000
Nacionalidade: EUA, Canadá
Xénero: Animación. Comedia
Duración: 84 minutos
Idade recomendada: Tódolos públicos
SINOPSE:
O Nadal preséntase movido para Casper e para o trío fantasmal cando se encontran con Bombazo, mestre de fantasmas. Casper non conseguiu a súa cota de susto no ano, de feito non asustou a ninguén, e debe facelo polo menos unha vez antes do día de Nadal se non quere perder as súas licencias para asustar. Porén, o mestre dos fantasmas envíalles a Kriss, a cidade máis nadaleira do mundo, onde Casper farase amigo de Mass, unha nena que perdeu o espírito do Nadal. O carácter amistoso de Casper fai difícil a misión e terán que acudir ó seu primo xemelgo, Susti, para conseguir asustar polo menos a unha persoa
Anaco en galego
Anaco en galego