DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: El Cid, La Leyenda
Ano: 2003
Nacionalidade: España
Xénero: Animación. Aventuras | Histórico
Duración: 80 minutos
Director: Josep Pozo
Guión: Josep Pozo
Música: Oscar Araujo
SINOPSE:
Rodrigo ten ante si un futuro prometedor. Fillo dun nobre castelán, edúcase na corte na compañía do seu mellor amigo Sancho, o primoxénito do monarca. Mais tras a morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a coroación do infante Alfonso. Desterrado de Castela e deshonrado, Rodrigo emprende cos seus fieis unha arriscada aventura.
Tráiler en inglés