DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Ne le dis à personne.

Ano: 2006.

Nacionalidade: Francia.

Xénero: Drama / Thriller.

Duración: 125 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Guillaume Canet.

Produción: Alain Attal.

Guión: Guillaume Canet, Harlan Coben e Philippe Lefebvre.

Fotografía: Christophe Offenstein.

Música: Matthieu Chedid.

Reparto: François Cluzet, Marie-Josée Croze, André Dussollier, Kristin Scott Thomas, François Berléand, Nathalie Baye, Jean Rochefort, Marina Hands, Gilles Lellouche, Philippe Lefebvre, Florence Thomassin, Olivier Marchal, Guillaume Canet, Brigitte Catillon, Samir Guesmi.

SINOPSE:

Oito anos despois do brutal asasinato da súa muller Margot a mans dun psicópata, Alexandre recibe unha mensaxe na que se pode ver unha imaxe dela entre a multitude. Decide entón comezar pola súa conta unha investigación para descubrir se é posible que siga viva. A aparición de probas novas e os sucesos que se desenvolven a continuación, volven situalo a el, igual que oito anos atrás, como principal sospeitoso de cometer o crime. Non lle queda outra alternativa que descubrir que pasou nos últimos días de vida de Margot para demostrar a súa inocencia.


Trailer en español