DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Nights in Rodanthe.

Ano: 2008.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Romance. Drama.

Duración: 97 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 7 anos.

Dirección: George C. Wolfe.

Produción: Warner Bros. Pictures / Village Roadshow Pictures.

Guión: John Romano, Ann Peacock (Novela: Nicholas Sparks).

Música: Jeanine Tesori.

Reparto: Diane Lane, Richard Gere, James Franco, Scott Glenn, Christopher Meloni, Mae Whitman, Viola Davis, Pablo Schreiber, Charlie Tahan, Becky Ann Baker, Ato Essandoh.

SINOPSE:

Adrienne Willis é unha muller cuxa vida é un desastre. Ten un marido infiel, que quere volver a casa, e unha filla adolescente que cuestiona todas as súas decisións. Nestas circunstancias, unha amiga pídelle un favor: que se faga cargo durante un fin de semana da pousada que ten nunha aldeíña costeira.