DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: The Postman
Ano: 1997
Nacionalidade: EUA
Xénero: Acción, aventuras, ciencia ficción, drama
Duración: 164 minutos
Idade recomendada: Maiores de 13 anos
Director: Kevin Costner
Produción: Kevin Costner, Steve Tisch, Jim Wilson
Guión: David Brin, Eric Roth
Música: James Newton Howard
Reparto: Kevin Costner, Will Patton, Larenz Tate, Olivia Williams, James Russo...
SINOPSE:
No ano 2013 non hai autoestradas, nin leis nin soños dun mañá mellor. Tan só superviventes espallados ao longo do que un día foron os Estados Unidos de América. Tras dunha guerra apocalíptica, que destruíu gran parte da civilización, as xentes que sobreviviron tentan agruparse en poboados e levar unha vida máis segura. No medio deste panorama aparece un personaxe cunha mensaxe de esperanza.