DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Les dalton en cavale

Ano: 1983

Nacionalidade: Francia / Estados Unidos

Xénero: Animación. Western. Comedia 

Duración: 82 minutos

Director: William Hanna, Joseph Barbera, Morris, Ray Patterson

Guión: Morris, Gilberte Goscinny, Glenn Leopold, Cliff Roberts (Cómic: Morris, René Goscinny)

Música: Claude Bolling, Shuki Levy, Haim Saban.

SINOPSE:

No afastado Oeste as cousas non marchan ben! Os irmáns Dalton escaparon outra vez da penitenciaría onde cumprían condena! Naturalmente, Lucky Luke é escollido de inmediato para seguir o seu rastro e botarlles o lazo. E para iso contará coa inestimable colaboración do seu resignado cabalo Jolly Jumper e de Rantanplán, o can máis estúpido do Oeste. Pero esta non é unha fuga calquera, a pista dos Dalton leva directamente cara ao norte, cara a Canadá. Alí, os Dalton buscarán refuxio no colo da súa “cariñosa” nai: Mamá Dalton. Serán capaces de renunciar aos seus instintos criminais e comezar unha nova vida? O cowboy solitario ten serias dúbidas sobre esta repentina boa conduta e vixiaralles de preto.


Tráiler en francés