DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Wrath of the Titans.

Ano: 2012.

Nacionalidade: EE.UU:

Xénero: Fantasía / Acción / Aventuras.

Duración: 99 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Jonathan Liebesman.

Produción: Basil Iwanyk e Polly Johnsen.

Guión: Greg Berlanti, David Leslie Johnson e Dan Mazeau.

Música: Javier Navarrete.

Reparto: Sam Worthington, Liam Neeson, Ralph Fiennes, Édgar Ramírez, Toby Kebbell, Rosamund Pike, Bill Nighy, Danny Huston, John Bell, Lily James, Alejandro Naranjo, Freddy Drabble, Kathryn Carpenter, Matt Milne, Kett Turton.

SINOPSE:

Dez anos despois de derrotar heroicamente o monstro Kraken, o fillo mortal de Zeus, Perseo, retírase a unha aldea, onde dedicase á pesca e a coidar do seu fillo, orfo de nai, o pequeno Helio. Alleo a todo, o combate entre as diferentes forzas do universo continúase librando. Aos poucos, os Deuses foron perdendo poder por mor da escasa crenza neles por parte dos humanos. Pola contra, os Titáns están a avanzar posicións e conseguiron librarse grazas a un Kronos vingativo porque perdeu o poder a mans dos seus fillos. Incapaz de permanecer á marxe fronte ao caos que se aveciña, Perseo volverá implicarse e pediralle consello á raíña Andrómeda, que o conducirá até Argenor, fillo de Poseidón, e ao deus caído Hefesto, que lle axudarán na súa empresa. Con eles iniciará unha apoteósica aventura que o levará ás entrañas do ultramundo para así conseguir salvar o seu pai dos feros e impetuosos Titáns e disolver a alianza maligna que se produciu entre o malvado Hades e o seu esbirro Ares.

 

Baixar o filme


Trailer en español