DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Eres mi héroe

Ano: 2003

Nacionalidade: España

Xénero: Drama

Duración: 103 min.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Antonio Cuadri

Produtora: Manufacturas Audiovisuales S.L. / Caligari Films S.A.

Guión: Antonio Cuadri, Miguel Ángel Pérez, Carlos Asorey.

Música: Carita Boronska

Reparto: Manuel Lozano, Toni Cantó, Antonio Dechent, Maru Valdivielso, Juan Hernández, Félix Gómez.

SINOPSE:

Corría o ano 1976 na cidade de Sevilla. Para Ramón a adolescencia foi, como para a maioría, unha etapa de confusión: o futuro, os estudos, o sexo, os cambios hormonais, o choque xeracional. Os acontecementos que lle acaeceron con só trece anos fixeron que xurdise o loitador que levaba dentro. Os que estaban ao seu carón e o amaban axudárono para afrontar os cruciais cambios desa idade.