DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: ドラえもん のび太の恐竜2006 (Doraemon: The Movie 2006)

Ano: 2006

Nacionalidade: Xapón

Xénero: Animación. Aventuras

Duración: 103 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dobraxe ao galego: Wikia

Director: Ayumu Watanabe

Guión: Ayumu Watanabe, Kouzou Kusube (Historia: Fujiko F. Fujio)

Música: Kan Sawada

SINOPSE:

Ogallá atopase un fósil de dinosauro! ", pensa o soñador Nobita. O resto da cuadrilla tómao a broma, pero Nobita pon todo o seu empeño nesta nova misión para pechar a boca aos seus amigos. O máis abraiante é que, na súa primeira escavación, dá cun ovo. Axudado por Doraemon, Nobita consegue que do ovo naza un exemplar de futabasauro. Da noite á mañá, o dinosauro atrae a atención dos medios de comunicación, de modo que Doraemon e Nobita deciden que o máis sensato é devolvelo ao seu hábitat prehistórico mediante a sempre útil máquina do tempo. Mais, non será tan sinxelo...


Actores da dobraxe deste filme ao galego: