DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Contagion.

Ano: 2011.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Drama / Thriller.

Duración: 102 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Steven Soderbergh.

Produción: Gregory Jacobs, Michael Shamberg e Stacey Sher.

Guión: Scott Z. Burns.

Fotografía: Steven Soderbergh.

Música: Cliff Martinez.

Reparto: Gwyneth Paltrow, Tien You Chui, Josie Ho, Daria Strokous, Matt Damon, Monique Gabriela Curnen, Griffin Kane, Yoshiaki Kobayashi, Laurence Fishburne, John Hawkes, Jude Law, Teri McEvoy, Sue Redman, Teri Campbell, Stef Tovar.

SINOPSE:

Narra o rápido progreso dun virus letal que se transmite polo aire e mata en cuestión de días. A medida que vai crecendo a epidemia, a comunidade médica mundial loita contra reloxo para atopar unha cura e controlar o pánico, que se estende até máis rápido que o propio virus.

Ao mesmo tempo, a xente loita por sobrevivir nunha sociedade que se derruba.