DATOS DO FILME:

Título orixinal: Combien tu m'aimes?

Ano: 2005

Nacionalidade: Francia

Xénero: Comedia, romance

Duración: 95 min.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Bertrand Blier

Produción: Fidélité Productions / Wild Bunch / France 2 Cinéma

Guión: Bertrand Blier

Fotografía: François Catonné

Música: Vincenzo Bellini, Giacomo Puccini, Giuseppe Verdi

Reparto: Monica Bellucci, Bernard Campan, Gérard Depardieu, Jean-Pierre Darroussin, Sara Forestier, Edouard Baer

SINOPSE:

A François, un solitario e gris oficinista de Paris, tocoulle a lotaría. Chega entón a un estraño acordo con Daniela, unha fermosa prostituta italiana da que está namorado: promételle 100.000 euros ao mes se vive con el ata que se lle acabe o diñeiro. Cando ela acepta, comeza unha tortuosa historia de amor non exenta de romanticismo, paixón e sexo.