DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Le domaine des dieux.
Ano: 2014.
Nacionalidade: Francia, Bélxica.
Xénero: Animación / Aventura / Comedia / Familiar.
Duración: 85 minutos.
Idade recomendada: Tódolos Públicos.
Dirección: Louis Clichy, Alexandre Astier.
Produción: Natasha Abrahams, Philippe Bony e Thomas Valentin.
Guión: René Goscinny e Albert Uderzo.
Fotografía: Soline Guyonneau.
Música: Philippe Rombi.
SINOPSE:
Estamos no ano 50 A.C. Toda a Galia está ocupada polos romanos? Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste aínda e deteñen sempre ao invasor. Exasperado pola situación, Xullo César decide cambiar de táctica: como os seus exércitos foron incapaces de impoñerse pola forza, será a mesma civilización romana a que se encargará de seducir aos bárbaros galos. Para iso, ordenará construír á beira da aldea unha luxosa residencia para romanos: a residencia dos Deuses? Poderán os nosos amigos galos resistirse á tentación do diñeiro e o confort romano? A aldea converterase nunha simple atracción turística? Astérix e Obélix terán que esforzarse para frustrar os plans do César.


 

Baixar o filme


Tráiler en francés:

Tráiler en portugués: