DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Escape from L.A.

Ano: 1995.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Acción-Ciencia Ficción.

Duración: 96 minutos

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: John Carpenter.

Produción: Paramount Pictures, Rysher Entertainment.

Guión: John Carpenter, Nick Castle, Debra Hill e Kurt Russell.

Fotografía: Gary B. Kibbe.

Música: John Carpenter e Shirley Walker.

Reparto: Kurt Russell, A.J. Langer, Steve Buscemi, Georges Corraface, Stacy Keach, Michelle Forbes, Pam Grier, Jeff Imada, Cliff Robertson, Valeria Golino, Peter Fonda, Ina Romeo, Peter Jason, Jordan Baker, ...

SINOPSE:

Estamos no ano 2013 e Plissken "o Serpe" volveu. Un xigantesco terremoto arrasou Os Ánxeles e separouno do continente. Na "Nova América Moral" os cidadáns indesexables que non obedecen as leis (non fumar, non comer carne vermella, non ser musulmán...) son deportados a L.A., que agora é unha colonia penal. Pero a filla do Presidente roubou unha arma letal e fuxiu alí co seu amante, un revolucionario perigoso que pretende utilizala. Plissken será enviado para rescatar a moza e recuperar a arma.