DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Spring Breakdown.

Ano: 2009.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Comedia.

Duración: 84 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: Ryan Shiraki.

Produción: Rick Berg e Larry Kennar.

Guión: Ryan Shiraki, Rachel Dratch e Ryan Shiraki.

Fotografía: Frank G. DeMarco.

Música: Deborah Lurie.

Reparto: Amy Poehler, Parker Posey, Rachel Dratch, Amber Tamblyn, Seth Meyers, Sophie Monk, Jonathan Sadowski, Missi Pyle, Jane Lynch, Mae Whitman, Sarah Hagan, Jana Kramer, Kristin Cavallari, J.Hartley.

SINOPSE:

Tres amigas na trintena, Gayle (Poehler), Becky (Parker Posey) e Judi (Dratch), que foron sempre unhas paxoquiñas, soñan con ser populares. Así que cando a Becky se lle presenta a oportunidade de acompañar a Ashley, a filla adolescente do seu xefe, a pasar unhas vacacións universitarias nunha illa, as rapazas non o pensan e bótanse a eito polas pozas. Despois de rachadoras festas na praia, dunha chea de barrís de cervexa, algunha que outra cita e festas de escuma, decátanse de que quizais non sexa ese o mellor xeito de vida posíbel.