DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: V de Vendetta 

Ano: 2005

Nacionalidade: USA, Reino Unido e Alemaña

Xénero: Acción, drama, thriller

Duración: 132 minutos

Idade recomendada: Maiores de 7 anos

Dirección: James McTeigue

Produción: Joel Silver, Grant Hill, Andy Wachowski e Larry Wachowski.

Guión: Os Irmáns Wachowski; basado na novela gráfica creada por Alan Moore e David Lloyd.

Música: Dario Marianelli.

Reparto: Natalie Portman, Hugo Weaving, Stephen Rea, Stephen Fry, John Hurt, Tim Pigott-Smith, Rupert Graves, Roger Allam, Ben Miles, Valerie Berry, Sinead Cusack, Nathasha Wightman, John Standing .

SINOPSE:

O filme narra a historia de Evey, unha moza de clase baixa que é rescatada dunha situación de vida ou morte por un misterioso home con carauta coñecido como V. V é moi complexo, extravagante, tenro e intelectual, que adica a súa vida a liberar ós cidadáns das gadoupas daqueles que someten a través do terror. Pero ó mesmo tempo é solitario e virulento e está obsesionado coa vinganza persoal.


Anaco en galego

Anaco en galego