DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Lemony Snicket's A Series of Unfortunate Events

Ano: 2004

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Aventuras / Fantasía / Comedia

Duración: 108 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dirección: Brad Silberling

Produción: Albie Hecht / Laurie MacDonald / Walter F. Parkes / Julia Pistor

Guión: Robert Gordon [VII] / Daniel Handler

Fotografía: Emmanuel Lubezki

Música: Thomas Newman

Reparto: Jim Carrey, Meryl Streep, Emily Browning, Liam Aiken, Timothy Spall, Billy Connolly, John Dexter, Deborah Theaker, Lenny Clarke , Luis Guzmán, Jennifer Coolidge, Jane Adams [II], Craig Ferguson, Catherine O'Hara, Fred Gallo, Dustin Hoffman, Jane Lynch, Betsy McIntyre, Gilbert Gottfried, Jude Law...

SINOPSE:

A triste odisea dos irmáns Baudelaire comeza cando se lles comunica que os seus pais acaban de morrer nun terrible incendio que destruíu o seu fogar. Os irmáns Baudelaire, Violet, Klaus e Sunny, son máis intuitivos e máis perspicaces que os adultos que deben coidar deles, e fan gala de intelixencia, inxenuidade e valor para enfrontarse a toda unha serie de fantásticas e terribles desgracias, entre elas unha víbora incriblemente mortal e un enxame de voraces samesugas. O Conde Olaf, cos seus astutos disfraces e tremendos estrataxemas, está decidido a conseguir a fortuna familiar dos orfos Baudelaire.


Trailer en inglés