DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The King and Four Queens.

Ano: 1956.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Aventura / Comedia / Misterio / Oeste.

Duración: 84 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: Raoul Walsh.

Produción: David Hempstead e Robert Waterfield.

Guión: Richard Alan Simmons e Margaret Fitts.

Fotografía: Lucien Ballard.

Música: Alex North.

Reparto: Clark Gable, Eleanor Parker, Jean Willes, Barbara Nichols, Sara Shane, Roy Roberts, Arthur Shields, Jay C. Flippen, Jo Van Fleet.

SINOPSE:

O aventureiro Dan Kehoe (Gable) chega a un rancho dirixido por unha viúva e as súas catro noras coa esperanza de atopar un tesouro de ouro. O cobizado botín, froito do atraco a un banco, foi enterrado naquel lugar polos catro fillos da viúva, dos que só queda un vivo, pero non se sabe cal nin cando regresará.