DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: To Die For

Ano: 1995

Nacionalidade: EUA

Xénero: Comedia, drama, intriga

Duración: 103 minutos

Idade recomendada: Maiores de 13 anos

Dirección: Gus Van Sant

Guión: Buck Henry (Novela: Joyce Maynard)

Fotografía: Eric Alan Edwards

Música: Danny Elfman

Reparto: Nicole Kidman, Matt Dillon, Joaquin Phoenix, Alison Folland, Casey Affleck, Illeana Douglas, Dan Hedaya, Buck Henry, David Cronenberg

SINOPSE:

Suzanne ten como o seu máximo soño converterse nunha presentadora estrela da televisión. O seu primeiro chanzo na subida cara á popularidade é un traballo como muller do tempo nunha cadea local. Pero aspira a moito máis. Coa axuda de tres estudantes, empeza a rodar un documental sobre os mozos de hoxendía. A súa ambición desmedida lévaa a utilizar aos mozos para levar a cabo un terrible plan: acabar co seu marido, un grande obstáculo para os seus soños de gloria.