DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Tintin et le lac aux requins

Ano: 1972

Duración: 81 minutos

Nacionalidade: Bélxica/Francia

Xénero: Animación, aventuras

Duración: 81 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dirección: Raymond Leblanc

Guión: Jos Marissen, Eddie Lateste, Rainer Gocksch, Jean-Michel Charlier (Characters: Hergé)

Música: François Rauber

SINOPSE:

En Syldavia, preto do lago Flechizoft, está o profesor Tornasol, que convidou a Tintín e ao Capitán Haddock a pasar unhas vacacións. O avión no que viaxan Tintín e Haddock sofre un accidente en estrañas circunstancias. Tras ser salvados por dous pequenos syldavos, finalmente chegan a casa do profesor, quen lles mostra o seu último traballo: unha máquina capaz de reproducir todos os obxectos en tres dimensións. As infinitas posibilidades que ofrece tal descubrimento suscitan perigosas cobizas, en particular do malvado Rastapopoulos, disposto a todo para apropiarse do xenial invento.


Intro en portugués