DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Maid in Manhattan.

Ano: 2002.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Comedia romántica.

Duración: 100 minutos.

Idade recomendada: Tódolos públicos.

Dirección: Wayne Wang.

Guión: Kevin Wade (Historia: John Hughes).

Música: Alan Silvestri.

Reparto: Jennifer López, Ralph Fiennes, Natasha Richardson, Stanley Tucci, Bob Hoskins, Tyler García Posey, Stanley Tucci, Marissa Matrone.

SINOPSE:

Nesta moderna adaptación da Cincenta, Jennifer López interpreta a Marisa Ventura, unha nai solteira de Nova York que traballa como empregada da limpeza nun luxoso hotel de Manhattan. Cando Marisa coñece a Christopher Marshall, un novo e aposto candidato a senador, el confúndea cunha das hóspedes do hotel.