DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Blown Away.

Ano: 1994.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Acción / Thriller.

Duración: 121 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: Stephen Hopkins.

Produción: Metro-Goldwyn-Mayer.

Guión: John Rice & Joe Batteer.

Música: Alan Silvestri.

Reparto: Jeff Bridges, Tommy Lee Jones, Suzy Amis, Lloyd Bridges, Forest Whitaker, Stephi Lineburg, John Finn, Caitlin Clarke, Christofer de Oni, Loyd Catlett, Ruben Santiago-Hudson, Lucinda Weist, B. Burns,

SINOPSE:

Boston sofre unha conmoción por unha explosión de tal ferocidade que deixa sen alento mesmo os membros máis duros da brigada antiexplosivos. Todas as probas apuntan ao terrorista máis temíbel e hábil ao que se enfrontaron nunca. Ao mesmo tempo, Jimmy Dove, un veterano policía da brigada de artificieiros, exerce como profesor dos mozos que se incorporan ao departamento. Días despois de deixar o posto, o seu substituto é asasinado por unha bomba, polo que Dove empeza a investigar o sucedido..