DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Ronin

Ano: 1998

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Acción / Crimen / Thriller

Duración: 116 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: John Frankenheimer

Produción: Frank Mancuso Jr.

Guión: J.D. Zeik

Música: Elia Cmiral

Reparto: Robert De Niro, Jean Reno, Natascha McElhone, Stellan Skarsgård, Sean Bean, Skipp Sudduth, Michael Lonsdale, Jan Triska, Jonathan Pryce, Ron Perkins, Féodor Atkine, Katarina Witt, Bernard Bloch

SINOPSE:

Como os homes sen honra, chamados "Ronin" en xaponés, en Europa abundan os expertos en perigosas operacións secretas que venden os seus servizos ao mellor ofertante. Estes mercenarios limítanse a cumprir a misión que lles encomendaron, pero descoñecen para quen traballan e cales son os verdadeiros obxectivos da súa actividade. Neste caso, só saben que deben ser quen de atopar unha misteriosa maleta.