DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Rocky

Ano: 1976

Nacionalidade: Estados Unidos.

Xénero: Drama | Romance | Deporte.

Duración: 112 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: John G. Avildsen

Produción: Robert Chartoff, Irwin Winkler

Guión: Sylvester Stallone

Fotografía: James Crabe

Música: Bill Conti

Reparto: Sylvester Stallone, Talia Shire, Burt Young, Carl Weathers, Burgess Meredith, Thayer David,...

SINOPSE:

Rocky é un boxeador de 3ª categoría que vive nun pequeno apartamento ao sudeste de Filadelfia, Pennsylvania, e cuxa carreira no ring non semella que vaia durar moito tempo. Gánase a vida cobrando débedas para un logreiro italiano chamado Gazzo, mais Gazzo non cre que Rocky teña malicia abonda para dar unha malleira a un moroso cando sexa necesario.