DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: RoboCop
Ano: 1987
Nacionalidade: EUA
Xénero: Acción, ciencia ficción
Duración: 103 minutos
Idade recomendada: Maiores de 13 anos
Dirección: Paul Verhoeven
Produción: Arne Schmidt
Guión: Edward Neumeier, Michael Miner
Fotografía: Jost Vacano
Música: Basil Poledouris
Reparto: Peter Weller, Nancy Allen, Daniel O'Herlihy, Ronny Cox, Kurtwood Smith, Miguel Ferrer
SINOPSE:
Nun futuro non moi afastado, Alex J. Murphy, axente de policía de Detroit, é asasinado en acto de servizo. Co fin de frear a delincuencia na cidade, as autoridades aproban a creación dunha máquina letal metade robot, metade home, á que chaman Robocop. Para a súa fabricación, utilizan o corpo de Murphy. O experimento parece un éxito, pero a memoria do policía non está de todo destruída e inicia unha cruel vinganza dos tipos que o asasinaron.
Anaco do filme