DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Mutiny on the Bounty

Ano: 1962

Nacionalidade: E.U.A.

Xénero: Aventuras | Aventuras marinas. Siglo XVIII. Remake

Duración: 178 minutos

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Lewis Milestone

Produción: Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)

Guión: Charles Lederer (Novela: Charles Nordhoff, James Norman Hall)

Fotografía: Robert Surtees

Música: Bronislau Kaper

Reparto: Marlon Brando, Trevor Howard, Richard Harris, Hugh Griffith, Richard Haydn, Tarita, Percy Herbert, Duncan Lamont, Gordon Jackson, Chips Rafferty, Noel Purcell, Ashley Cowan, Eddie Byrne, Frank Silvera, Tim Seely, Keith McConnell

SINOPSE:

A fragata Bounty parte cara aos Mares do Sur, na busca dunha estraña planta que non existe en Inglaterra. O capitán do navío, William Bligh, só ten unha obsesión: acadar o maior número de plantas e regresar canto antes a Inglaterra, sen ter en conta as vidas dos homes ao seu cargo. A súa actitude provocará finalmente un motín encabezado polo seu segundo oficial, un home cabal e sempre respectuoso coas ordes dos superiores, obrigado agora polas circunstancias a facerse cargo da nave.