DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: License to Wed.

Ano: 2007.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Comedia romántica.

Duración: 90 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Ken Kwapis.

Produción: Warner Bros. Pictures.

Guión: Kim Barker, Tim Rasmussen, Vince Di Meglio (Historia: Kim Barker, Wayne Lloyd).

Música: Christophe Beck.

Reparto: Robin Williams, Mandy Moore, John Krasinski, Christine Taylor, Eric Christian Olsen, Peter Strauss, Josh Flitter.

SINOPSE:

Ben Murphy e a súa noiva, Sadie Jones, que se prometeron recentemente, están desexosos de empezar a súa vida xuntos e vivir felices para sempre. O problema é que a igrexa da familia de Sadie, St. Augustine, está a cargo do peculiar reverendo Frank (Robin Williams), que non bendirá a unión da parella ata que os mozos non pasen "o seu" curso pre-nupcial, un patentado e "infalible" programa de preparación ao matrimonio. O rigoroso método do reverendo Frank, que consiste en extravagantes clases, desatinados deberes para facer en casa e unha certa e descarada invasión da privacidade, pon a proba a relación de Ben e Sadie.