DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The burning hills.

Ano: 1956.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Western.

Duración: 88 minutos.

Idade recomendada: Tódolos públicos.

Dirección: Stuart Heisler.

Produción: Richard Whorf.

Guión: Irving Wallace (guión), Louis L'Amour (novela).

Música: David Buttolph.

Reparto: Tab Hunter, Natalie Wood, Skip Homeier, Eduard Franz.

SINOPSE:

Trace Jordan descobre o seu irmán Johnny cun disparo nas costas e decátase de que o asasinaron os homes que traballan para Joe Sutton, un poderoso propietario de gando. Jordan preséntase ante Sutton e dille que o vai denunciar ás autoridades militares, este saca un revolver da mesa, pero Jordan mátao antes de que poida dispararlle. Un dos homes de Sutton dispáralle e déixao ferido, pero Jordan foxe e refúxiase nunha antiga mina, onde Marie, unha mestiza, o atopa. Jordan decide intentar chegar ao forte para denunciar os feitos.