DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Rooster Cogburn

Ano: 1975

Nacionalidade: E.U.A.

Xénero: Western 

Duración: 108 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dirección: Stuart Millar

Produción: Universal Pictures

Guión: Martin Julien

Música: Laurence Rosenthal

Reparto: John Wayne, Katharine Hepburn, Anthony Zerbe, Richard Jordan, John McIntire, Strother Martin

SINOPSE:

Rooster Cogburn, un sherif bebedor, é despoxado da súa placa polo xuíz federal Parker, que o acusa de exceso de celo na busca de foraxidos. Mais, axiña, o propio Parker confíalle unha nova misión: capturar a banda de Hawk. Polo camiño atópase cunha ríxida e adusta misioneira, cuxo pai foi asasinado por Hawk.