DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Cheyenne Autumn.

Ano: 1964.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Historia / Western.

Duración: 154 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: John Ford.

Produción: Warner Bros. Pictures.

Guión: James R. Webb.

Fotografía: William H. Clothier.

Música: Alex North.

Reparto: Richard Widmark, Carroll Baker, Karl Malden, Sal Mineo, Dolores del Rio, Ricardo Montalban, Gilbert Roland, Arthur Kennedy, Patrick Wayne, Elizabeth Allen, John Carradine, Victor Jory, Mike Mazurki, George O'Brien, Sean McClory.

SINOPSE:

En 1868, trescentos indios cheyennes vivían miserablemente, lonxe das súas terras, nunha reserva de Oklahoma. Para sacalos da pobreza, os seus xefes decidiron emprender unha longa viaxe até as súas praderías natais. Pero a fuxida foi descuberta e a cabalería saíu na súa persecución. No primeiro combate morreron o comandante Braden e oito dos seus homes. Cando se soubo a noticia, milleiros de soldados foron enviados a combater contra os valentes cheyennes.