DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Mystic River

Ano: 2003

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Drama / Misterio

Duración: 137 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Clint Eastwood

Produción: Clint Eastwood, Judie Hoyt, Robert Lorenz

Guión: Dennis Lehane, Brian Helgeland

Música: Clint Eastwood, Lennie Niehaus

Reparto: Sean Penn, Tim Robbins, Kevin Bacon, Laurence Fishburne, Marcia Gay Harden, Laura Linney, Kevin Chapman, Adam Nelson, Emmy Rossum, Cameron Bowen, Matty Blake, Andrew Blesser, D.Bowen 

SINOPSE:

Cando Jimmy Markum, Dave Boyle e Sean Devine eran uns nenos que crecían xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando ao hóckey na rúa. Mais, un día, a Dave aconteceulle algo que marcou para sempre a súa vida e a dos seus amigos. Vinte e cinco anos máis tarde, outra traxedia vólveos unir: o asasinato de Katie, a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque está a tentar tomar a xustiza pola súa man.


Anaco en galego

Anaco en galego