DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The Mothman Prophecies

Ano: 2002

Nacionalidade: EUA

Xénero: Terror

Duración: 119 minutos

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Mark Pellington

Produción: Gary W. Goldtein, Gary Lucchesi e Tom Rosemberg

Guión: John A. Keel e Richard Hatem

Música: Tom Hajdu, Andy Milburn e Jeff Rona

Reparto: Richard Gere, Laura Linney, Will Patton e Debra Messing

SINOPSE:

Un xornalista e a súa muller comezan a vivir nunha casa nova logo de moito buscar. De volta ao seu fogar teñen un accidente no que Mary resulta ferida moi grave e acaba morrendo no hospital. Recollendo de alí as súas pertenzas, John atopa uns estraños debuxos recorrentes. As súas derradeiras palabras foron: "Non o viches, verdade?". Anos despois, John viaxa unha noite de Washington a Richmond pérdese e remata nunha estrada no campo e co coche avariado. Hai algo estraño no lugar...