DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The Postman

Ano: 1997

Nacionalidade: EUA

Xénero: Acción, aventuras, ciencia ficción, drama

Duración: 164 minutos

Idade recomendada: Maiores de 13 anos

Director: Kevin Costner

Produción: Kevin Costner, Steve Tisch, Jim Wilson

Guión: David Brin, Eric Roth

Música: James Newton Howard

Reparto: Kevin Costner, Will Patton, Larenz Tate, Olivia Williams, James Russo...

SINOPSE:

No ano 2013 non hai autoestradas, nin leis nin soños dun mañá mellor. Tan só superviventes espallados ao longo do que un día foron os Estados Unidos de América. Tras dunha guerra apocalíptica, que destruíu gran parte da civilización, as xentes que sobreviviron  tentan agruparse en poboados e levar unha vida máis segura. No medio deste panorama aparece un personaxe cunha mensaxe de esperanza.