DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Free Willy 4: Escape from pirate´s cove.

Ano: 2010.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Aventuras / Familiar.

Duración: 97 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Will Geiger.

Produción: Laura Lodin e John Stainton.

Guión: Will Geiger, Cindy McCreery e Keith Walker.

Fotografía: Robert Malpage.

Música: Enis Rotthoff.

Reparto: Bindi Irwin, Beau Bridges, Mike Falkow, Darron Meyer, Jeanne Neilson, Kevin Otto, Matthew Dylan Roberts.

SINOPSE:

Mentres o seu pai se repón dunha fractura, Kirra deixa o seu fogar en Australia para pasar o verán co seu avó Gus en Sudáfrica. Despois dunha forte treboada, descobre un bebé orca varado nunha lagoa á beira do descoidado parque de atraccións do seu avó, que se atopa xunto ao mar. Kirra chama a este novo amigo Willy e embárcase nunha grande aventura para reunir a candorca coa súa manda antes de que o ambicioso rival do seu avó transforme a Willy nunha lucrativa atracción para o seu parque temático.