DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Lassie

Ano: 2005

Nacionalidade: Reino Unido

Xénero: Aventuras | Cine familiar

Duración: 100  minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Dirección: Charles Sturridge

Guión: Charles Sturridge

Fotografía: Howard Atherton

Música: Adrian Johnston

Reparto: Peter O'Toole, Samantha Morton, Peter Dinklage, John Lynch, Kelly Macdonald

SINOPSE:

En vésperas da II Guerra Mundial, no condado de Yorkshire (Inglaterra), a familia Carraclough vese na obriga de vender a a súa cadela Lassie a un adiñeirado duque que vive en Escocia. Aínda que está a centos de millas da súa verdadeira familia, Lassie foxe e percorre un ancho camiño para volver a casa. Nesa viaxe terá que enfrontarse a diversos perigos, pero tamén atopará axuda nos sitios máis insospeitados.