DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: His Girl Friday

Ano: 1940

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Comedia. Romance

Duración: 92 minutos

Idade recomendada: Todos os públicos

Dirección: Howard Hawks

Guión: Charles Lederer

Fotografía: Joseph Walker 

Música: Morris Stoloff

Reparto: Cary Grant, Rosalind Russell, Ralph Bellamy, Gene Lockhart, Porter Hall, Ernest Truex, Cliff Edwards, Clarence Kolb, Roscoe Karns, Frank Jenks, Regis Toomey, Abner Biberman, Frank Orth, John Qualen, Helen Mack, Alma Kruger, Billy Gilbert, Pat West, Edwin Maxwell.

SINOPSE:

Hildy Johnson, a mellor reporteira do xornal Morning Post, anuncia que vai deixar o xornalismo para casar e fundar unha familia. Pero Walter Burns, o editor do xornal e ex-marido de Hildy, non está disposto a aceptalo, polo que se serve de toda clase de tretas para retela no xornal.