DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Kon-Tiki.

Ano: 2012.

Nacionalidade: Reino Unido, Noruega, Dinamarca, Alemaña, Suecia.

Xénero: Aventuras / Historia.

Duración: 113 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 7 anos.

Dirección: Espen Sandberg e Joachim Ronning.

Produción: Aage Aaberge e Jeremy Thomas.

Guión: Petter Skavlan e Allan Scott.

Fotografía: Geir Hartly Andreassen.

Música: Johan Söderqvist.

Reparto: Pål Sverre Hagen, Anders Baasmo Christiansen, Tobias Santelmann, Gustaf Skarsgård, Odd Magnus Williamson, Jakob Oftebro, Agnes Kittelsen, Peter Wight, Amund Hellum Noraker, Eilif Hellum Noraker, Elisabeth Matheson, Kasper Arneberg Johnsen, Edward Kling, Jo Adrian Haavind, Jonas Heier

SINOPSE:

"Kon Tiki" conta a historia do explorador e antropólogo noruegués Thor Heyerdahl, que en 1947 cruzou o océano Pacífico nunha balsa de madeira e sen ningunha axuda técnica moderna para demostrar que os indíxenas de América do Sur anteriores á chegada de Cristóbal Colón tamén podían telo atravesado para instalarse na Polinesia. Thor, cun equipo de cinco homes percorreu en 101 días 8.000 quilómetros nunha travesía épica durante a que tiveron que enfrontarse a temporais e tormentas, quenllas, fame e diversas penalidades que os levaron ao límite da supervivencia.


Trailer en inglés subtitulado en portugués

Tráiler en galego