DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Tang shan da xiong

Ano: 1971

Nacionalidade: Hong Kong

Xénero: Acción, drama

Duración: 100 minutos

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: Wei Lo, Wu Chia Hsiang

Produción: Raymond Chow

Guión: Bruce Lee, Wei Lo

Música: Fu-ling Wang

Reparto: Yin-Chieh Han, Bruce Lee, James Tien, Maria Yi

SINOPSE:

Cheng Chao-An é un mozo chinés experto en artes marciais que chega a unha pequena vila tailandesa para vivir cos seus curmáns. Alí atopa traballo nunha fábrica de xeo que en realidade serve como tapadeira para o tráfico de drogas. Cando os seus curmáns van desaparecendo un por un de xeito sospeitoso, Cheng decide facer algunhas pescudas e descubre que os seus parentes foron asasinados polos tailandeses. .