DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Valentine's Day.

Ano: 2010.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Comedia / Romántico.

Duración: 119 minutos.

Idade recomendada: Tódalos públicos.

Dirección: Garry Marshall.

Produción: Mike Karz.

Guión: Katherine Fugate, Abby Kohn e Marc Silverstein.

Música: John Debney.

Reparto: Jessica Alba, Kathy Bates, Jessica Biel, Bradley Cooper, Eric Dane, Patrick Dempsey, Hector Elizondo, Jamie Foxx, Jennifer Garner, Topher Grace, Anne Hathaway, Carter Jenkins, Ashton Kutcher, Queen Latifah, Taylor Lautner.

SINOPSE:

En "Historias de San Valentín" veremos como se cruzan varias historias durante o Día de San Valentín: unha oficial do exército que abandona Iraq e que viaxa ata Los Ángeles nun voo no que tamén vai alguén con asuntos que resolver nun día como ese; o dono dunha floristería que lle propón matrimonio á súa noiva e que, con todo, decátase de que está namorado dunha amiga próxima cuxo noivo está en realidade casado; unha xubilada que lle desvela ao seu marido que mantivo un longo romance con outra persoa; unha muller que traballa na axencia de talentos máis importante da cidade e que está saíndo cun empregado dunha oficina de correos; e, para rematar, unha desafortunada publicista que non ten con quen quedar o Día de San Valentín.