DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Harry Potter and the Goblet of Fire

Ano: 2005

Nacionalidade: Reino Unido, Estados Unidos.

Xénero: Fantasía, Aventuras, Drama.

Duración: 157 minutos

Idade recomendada:  Maiores de 13 anos

Dirección: Mike Newell

Produción: David Heyman

Guión: Steve Kloves, J. K. Rowling (Libro)

Música: Patrick Doyle

Reparto: Daniel Radcliffe, Rupert Grint, Emma Watson, Robert Pattinson, Michael Gambon, Brendan Gleeson, Alan Rickman, Maggie Smith , Clémence Poésy, Stanislav Ianevski, James Phelps, Oliver Phelps

SINOPSE:

Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Mortífagos na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo dos Tres Meigos. Tres escolas europeas participan na competición, con tres "campións" que as representan nas probas. O Cáliz de fogo elixe a Fleur Delacour, Viktor Krum e Cedric Diggory para que compitan entre eles. Non obstante, o nome de Harry tamén sae do obxecto máxico, converténdoo no cuarto campión e obrigándoo a participar tamén. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.


Anuncio do filme

Tráiler en galego